O seu nome débese á escritora cántabra Concha Espina. Inaugurouse o 4 de xaneiro de 2007, uns cincuenta anos despois da desaparición do Teatro Principal, o anterior teatro da localidade. Atópase situado no lugar do antigo cine Concha Espina, forma parte dun conxunto que integra tamén a ampliación da Biblioteca Popular Gabino Teira.Acolle obras teatrais, óperas, concertos e longametraxes. Conta cun aforo de 768 prazas.