El Llar é o espazo máis representativo da Concellería de Cultura do Concello de Corvera en Asturias. Este espazo alberga os servizos municipais do Teatro Corvera e o anfiteatro exterior, polo que a súa actividade cultural é sobranceira.A súa creación é recente, no ano 2001. Construíuse aproveitando unha antiga "casería", con todos os elementos asociados a esta función (vivenda, cortes, hórreo, paneira) e transformouse nun centro cultural e no parque Europa. O Teatro El Llar, coas súas gradas portantes, é un espazo polivalente que dependendo do aforo e/ou capacidade da actividade en cuestión pode albergar calquera evento non unicamente cultural e/ou deportivo, senón doutra índole.