O cine Modelo foi proxectado polo arquitecto Félix Llanos en 1948, sendo adquirido polo Concello de Zarautz en 2012 e pasou de ser o cine Modelo a ser a sala Modelo Aretoa.É unha infraestrutura que recentemente volveu abrir as portas tras unha profunda reforma e nela pódense desenvolver diferentes actividades: teatro, danza, cine comercial, cine-forum e cine de autor, música, conferencias…Conta cunha sala para 230 persoas para calquera tipo de actividade que se amplía cun anfiteatro de 198 localidades exclusivamente para cine. Para isto dispón de equipamento escenográfico de última xeración.