
Camiño Escena Norte
Proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa.
Itinerario Constelacións
Do 12 de setembro ao 26 de outubro
Eixo vertebrador do proxecto Camiño Escena Norte, é o itinerario de funcións de artes escénicas que percorrerá mais de 70 sedes nas 6 Comunidades que conforman o territorio cultural común creado: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, Euskadi, a Comunidade Foral de Navarra e A Rioxa.
Neste 2025 son 18 os espectáculos en xira que conforman a selección do noso itinerario, nunha programación de corte xeneralista na que prima a diversidade de linguaxes, estéticas e tipos de público. Unha pequena selección do mellor das artes escénicas galegas, asturianas, cántabras, vascas, navarras e rioxanas. Máis funcións que nunca na programación desta 7ª edición.
Camiño Expandido
A programación expandida de Camiño Escena Norte abarca toda a actividade fora do itinerario de funcións como eixo vertebrador, rodéao e complementa multiplicando os seus efectos a nivel de relación cos públicos, encontro, mediación, dinamización profesional e sectorial. Está dividida en dous grandes bloques de actividades ou liñas de acción, as actividades para público profesional e de dinamización profesional por unha banda, e por outro as de relación cos públicos.

Promueve | Promove | Sustatzaileak






Patrocina | Babesleak

Colaboración especial | Collaboración especial | Lankidetza berezia

Financia | Finantzatzaileak














