O edificio por dentro destaca polos seus espazos modulares, a entrada de luz, a apertura e a conservación de boa parte dos elementos orixinais, desde varandas ata portas, escaleiras de madeira cubertas. O patio central é o lugar máis emblemático do edificio. Tamén destacan as fermosas vistas que se poden ver da cidade e da Muralla. O edificio conta con salas de exposicións, unha biblioteca, unha gardería e o citado auditorio.O vello cárcere de Lugo converteuse nun novo espazo cultural para a cidade que alberga un auditorio, biblioteca, salas de exposición e algúns restos arqueolóxicos. A antiga prisión conserva aínda algúns dos espazos orixinais, como as celas semicirculares con portas dotadas dun visor que permitía observar o recluso desde fóra.