A finais do século XVIII, Juan Domingo González de la Reguera, Arcebispo de Lima e natural de Comillas, mandou construír o edificio de “El Espolón” co propósito de establecer a sede da Cátedra de Gramática Latina, o que sucede por Real Provisión do Rei Carlos IV en 1789, e onde en 1802 se estableceu o Real Seminario Cántabro. O edificio é obra do arquitecto Cosme Antonio Bustamante e rehabilitado en 2009 por Peridis.O Patio central do Centro Cultural é un lugar magnífico onde realizar multitude de actividades culturais como teatro, danza e concertos, xa que ademais de dispoñer dunha bela arquitectura como fondo a sonoridade do espazo é sobresaliente. Con capacidade para unhas 120 cadeiras.