A apertura desta infraestrutura cultural tivo lugar en maio de 1995. Con posterioridade, e para poder acoller o gran número de actividades desenvolvidas no centro, en xaneiro de 2011 realízase unha importante obra de ampliación, coa anexión dunha sala polivalente.O auditorio ten unha capacidade de 270 butacas, o que sitúa a este espazo como referente da actividade cultural e escénica.