Detrás da Igrexa de Sta. María, separado pola explanada e antigo cemiterio da cidade e sobre os acantilados, atopamos un dos escasos castelos conservados en Cantabria; o coñecido en Castro Urdiales como Castillo-Faro.Esta fortaleza formaba parte do conxunto defensivo da vila medieval, constituída por unha primeira muralla que rodeaba a explanada na que se sitúan a igrexa e o castelo, e outra muralla construída posteriormente que rodeaba a totalidade da vila. Hoxe en día as instalacións están dedicadas a diversidade de propostas culturais e escénicas, visitas turísticas e exposicións temporais.