Chamado a ser un referente arquitectónico do século XXI, o Museo Centro Gaiás é un dos edificios máis singulares e con máis posibilidades de uso da Cidade da Cultura. A espectacularidade da fachada, os case 43 metros de altura e os máis de 16.000 metros cadrados de superficie permiten ao Museo Centro Gaiás despregar unha oferta cultural, de propostas escénicas, actividades formativas e de divulgación que o converten nun centro activo e en continua renovación.A cultura, na súa concepción máis ampla e inclusiva, é a protagonista deste espazo que integra todas as manifestacións artísticas, humanísticas, de creatividade e coñecemento.