O concello de Ames dispón dun Centro Sociocultural no Milladoiro, no que se acollen diferentes actividades culturais e espectáculos de teatro, música e danza. Deste xeito, desde a Concellería de Cultura organízase unha programación estable ao longo do ano. Moitos destes espectáculos enmárcanse dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.