Moderno edificio situado no mesmo centro da vila, é sede de múltiples actividades tanto culturais como sociais, ofrecendo durante todo o ano espectáculos de teatro, danza, concertos ou conferencias, favorecendo o desenvolvemento de actividades culturais dirixidas a toda a cidadanía.Funcional e innovador en deseño, tanto no exterior como no interior, presenta unha sala principal con capacidade para 240 persoas. Foi inaugurado o 20 de agosto de 2008.