Skip to main content

Inscrición espectáculos 2026

O prazo de inscrición de espectáculos no Itinerario Constelacións de Camiño Escena Norte 2026 abranguerá do xoves 5 de febreiro ao luns 16 de febreiro ás 23.59 h.

Non será válida a inscrición de ningún espectáculo fóra do prazo establecido, nin por outra vía que non sexa a correspondente ficha de inscrición por medio da web www.escenanorte.com

LER CON ATENCIÓN ANTES DE CUBRIR A FICHA DE INSCRICIÓN:

    DATOS DA COMPAÑÍA

    Documento acreditativo de que a compañía opera baixo o epígrafe 965.4. Empresas de espectáculos. (PDF, 500 kb max.)

    Redes sociais (URL)

    DATOS DO ESPECTÁCULO CANDIDATO AO ITINERARIO CONSTELACIÓNS DE CAMIÑO ESCENA NORTE

    Idioma no que concorre a Camiño Escena Norte (se pode ser en dous marque as dúas posibilidades)

    Vídeos (URL)

    *Non se valorarán as propostas presentadas que non acheguen un vídeo completo do espectáculo.

    Dossier do espectáculo (PDF, 5MB max.)

    Imaxes do espectáculo (ata un máximo de 10, JPG, max: 350 kb / imagen)

    (a duración mínima debe ser de 30 minutos)

    Tipo de espectáculo

    Tipo de público

    Adaptable a espazos non convencionais

    No caso de que a resposta sexa SI indique todo o que teña a ver coas condicións mínimas de produción + asistencia técnica necesarias para a realización de funcións do espectáculo en espazos non convencionais:

    Rider técnico. Solicítase o rider de condicións técnicas para espazos convencionais. Se o espectáculo conta con distintas versións e condicións de rider deben facerse chegar como un único arquivo, indicadas de xeito claro. (PDF, 1MB max.)

    Rider técnico adaptado a espazos non convencionais. Solicítase o rider de condicións técnicas mínimas para a realización do espectáculo fóra de espazos convencionais. (PDF, 1MB max.)

    Caché do espectáculo para o proxecto Camiño Escena Norte (base impoñible + IVE, indicando se o IVE é 10% ou 21%)

    (*) As funcións de cada espectáculo terán lugar dentro das Comunidades participantes do proxecto, agás na propia da compañía. Funcións agrupadas significan funcións en días consecutivos en localidades diferentes (1 función por xornada).
    (*) A organización non asumirá o custo das dietas de desprazamentos, aloxamento e manutención do equipo dos espectáculos, debendo estar incluído no montante do caché.
    (*) Solicítase o caché sen necesidades técnicas.
    (*) O caché que debe reflectirse neste formulario de xeito estándar é o do espectáculo fóra da propia Comunidade da compañía. No caso de ser seleccionada a proposta xestionarase coa organización o custo total das funcións tendo en conta distancias, desprazamentos e organización da xira dentro do Itinerario Constelacións.
    (*) Debe desglosarse a base impoñible + % de IVE.

    Caché na súa rede/circuito territorial (base impoñible + % de IVE) (Rede Galega de Teatros e Auditorios // Asturies Cultura en Rede | Artes Escéniques // La Cultura a Escena // Rede Vasca de Teatros Sarea // Rede de Teatros de Navarra // Rede de Teatros de A Rioxa) ou no seu defecto para funcións na súa propia Comunidade

    Espectáculo dado de alta na SGAE ou en outra entidade de xestión (se a resposta é SI indique en cal)

    *No caso de ser preseleccionado o espectáculo e formar parte do Catálogo de Espectáculos Recomendados nesta edición de Camiño Escena Norte, utilizaranse os datos recollidos na ficha de inscrición como información ao respecto.