Nanai é unha nena que naceu unha noite sen lúa. Os veciños e veciñas rexéitana desde que nace por pura superstición. Ela só sabe dicir que non! e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, acompañada de Chis-Púm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería… ‘Nanay de la China’ é un espectáculo de teatro para público familiar no que se fusionan monicreques e actores para representar esta historia orixinal, chea de maxia, aventuras e humor.
Pérez&Fernández é unha compañía de artes escénicas, creada por Victoria Pérez e Manu Fernández, especializada en proxectos para público familiar. Desde a súa creación no ano 2015, produciu espectáculos a partir de adaptacións literarias de títulos como ‘O poder de Amabel’, de Érica Esmorís; ‘Aguratrat’, de Roald Dahl, e ‘Os nenos da varíola’, de María Solar, peza galardoada en 2021 como Mellor Espectáculo para Público Familiar nos Premios María Casares e co Premio Luísa Villalta pola Igualdade. En 2023 estrea ‘Nanai da China’, un texto orixinal de Victoria Pérez e Xabier Romero, Premio María Casares ao Mellor Espectáculo de Monicreques.
Tipo: Teatro / Monicreques
Público: Público infantil e familiar. Todos os públicos
Duración: 45’
Idioma: Castellano
Estreo: 12 de outubro de 2023. Teatro do Andamio, A Coruña – Galicia