Skip to main content

Globe Story

A Rioxa | El perro azul

Globe Story

A Rioxa | El perro azul

Globe Story’ é unha historia de amor.
‘Globe Story’ é unha histeria de humor.
Un frechazo amoroso une para sempre as vidas de Greta e
Max. Van ter un fermoso bebé, van vivir a súa lúa de mel nun
cruceiro, van perseguir un amante, van bailar unha tormenta,
vanse rir da enfermidade nun hospital disparatado. Van vivir con
paixón as súas cómicas aventuras, ata acabar, literalmente, co
corazón na man.
‘Globe Story’ emprega a comicidade e o ritmo trepidante do
cine mudo para contar unha historia de amor. Ambientado nun
espazo cinematográfico, aparecen como saídos dun revelado
antigo en tons sepia. Ambos se serven de dúas escaleiras, un
baúl e unha chea de globos para inventar randeeiras, tormentas,
montañas, bebés, barcas, praias ou corazóns.

El Perro Azul é un proxecto de artes escénicas creado e
dirixido por Fernando Moreno. Nace en 2010, en Logroño, desde
unha mirada artística persoal e arriscada, coa intención de
crear espectáculos e espazos de exhibición escénica capaces
de emocionar o público de calquera idade. Máis alá do mero
entretemento, o traballo da compañía busca que o espectador
participe dun encontro evocador sobre o escenario. Un espazo
común onde habitar as nosas preguntas e soños.
Participaron en importantes festivais nacionais e internacionais:
FETEN, MADferia, Teatralia, Umore Azoka, Mostra
Igualada, FIET, Festival Off Avignon (Francia), CINARS Biennale
(Canadá), NAJ NAJ NAJ Festival (Croacia), Luaga & Losna
(Austria), Scènes & Cinés (Francia) e Programa AECID (Macedonia
e Eslovenia).


Tipo: Teatro
  • Público: Todos os públicos
  • Duración: 60’
  • Idioma: Sen texto
  • Estreo: 15 de abril de 2018. Mostra Igualada, Igualada (Barcelona) – Cataluña

Contacto:
  • Fernando Moreno
  • Tel.: 666 244 722
  • R/ Duquesa de la Victoria, 8 26003 Logroño – La Rioja
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos