Skip to main content

Esto es un poema

A Rioxa | Violeta y Péndula

Esto es un poema

A Rioxa | Violeta y Péndula

A unión de esforzos da experimentada compañía Los Titiriteros de Binéfar e a compañía nova Violeta y Péndula dá como resultado esta historia de monicreques e clown disparatada e divertida, que non deixa indiferente ao público novo.

Verduras que queren escapar da neveira e percorrer o mundo; dúas amigas que compiten polo primeiro posto nun concurso de poemas e un final inesperado que nos suxire a necesidade de aprender a gozar máis da vida e axudar o amigo aceptándoo tal como é.

En 2015, Violeta y Péndula ganan o Concurso Nacional de Pallasos de Xirivella co número ‘Hemos venido a ganar’. Nos seus espectáculos inclúen tamén os monicreques.

Contan con Paco Paricio, de Los Titiriteros de Binéfar, para que lles dirixa o espectáculo ‘Esto es un poema’.

Actuaron no Festival de Monicreques de Logroño, Mostreta Escolar de Xirivella, Territorio Goya, programacións de Castela e León, Cucha de Úbeda e Festival Menudo Teatro.

A compañía está en continua procura e coñecemento de linguaxes artísticas novas. Durante a pandemia descobren a técnica Lambe Lambe e crean a primeira historia, coa que teñen moi boa acollida e participan en festivais como Escenarios Insólitos de Actual, Festival 150 gr e Xornadas Monstrenkas de Vitoria.


Tipo: Teatro, títeres e novo circo
  • Público: Todos os públicos
  • Duración: 60’
  • Idioma: Castelán
  • Estrea: 7 de outubro de 2018. Teatro Municipal. Los Titiriteros de Binéfar, Binéfar (Huesca) – Aragón

Contacto:
  • Raquel Gonzalo
  • Tel.: 696 787 549
  • R/ Caballero de la Rosa, 19 Baixo Dta. 26004 Logroño – A Rioxa
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos