Skip to main content

Elektrical Body

Dinamo Danza | Navarra

Elektrical Body

Dinamo Danza | Navarra

En ‘Elektrical Body’ queremos traducir ao movemento a beleza da forza electromagnética. Inspirámonos nos principios físicos desta forza para facer un percorrido a través da danza: desde o choque de partículas dos diagramas de Feynman, pasando pola procura física dos circuítos electromagnéticos do corpo, ata as composicións das aves migratorias que se guían polos campos magnéticos do planeta.

Dínamo é unha compañía de danza e artes do movemento que nace como plataforma de investigación e intercambio entre diversas linguaxes artísticas co fin de crear poesía a través do corpo en movemento. Queremos xerar un diálogo, no que cada integrante achega desde a súa experiencia a prol do traballo común.

Naceu en 2013 con sede en Pamplona e, desde entón, creamos propostas en diversos formatos que se presentaron en festivais nacionais e internacionais.

En 2020, xunto a Joaquín Sevilla, físico e divulgador científico, ábrese unha liña de investigación que pon en diálogo a ciencia e a arte.

A partir de fundamentos científicos e práctica artística, o reto é construír a percepción do corpo como unha entidade enerxética.


Tipo: Danza
  • Público: Todos os públicos
  • Duración: 57’
  • Idioma: Sen texto
  • Estrea: 21 de abril de 2021. Teatro Gayarre, Pamplona – Navarra

Contacto:
  • Carmen Larraz
  • Tel.: 633 436 455
  • R/ do Carmen, 11, 31001 Pamplona – Navarra
  • correo-e
  • web


Próximos Eventos