Conta Federico García Lorca nas súas ‘Suites’ que el coñece
un lugar marabilloso chamado ‘O Xardín das Posibilidades’,
alí habitan os amores que nunca foron, os fillos que non naceron
e as decisións que nunca se tomaron. Se cadra alí aínda vive a
súa amiga da alma Emilia Llanos, empeñada nun amor que nin
sequera foi. Esta é a historia dese amor e da primeira investigación
que en 1955 levaron a cabo ela e mais Agustín Penón
para descubrir como foron as últimas horas de Lorca, quen o
asasinou e onde está enterrado.
El Tejo Producciones é unha produtora de artes escénicas
e audiovisuais, empeñada en demostrar que outro xeito de ver
as cousas é posible.
Temos proxectos de gran formato como a recreación histórica
de ‘Guerras Cántabras’, audiovisuais como a premiadísima curtametraxe
‘Otoño’, e de artes escénicas como o noso ‘Jardín’.
Estamos convencidos que, igual que o teixo, o teatro pode
matar e curar.
https://vimeo.com/918910493?share=copy#t=0