‘El gato con botas de agua’ é a nosa versión do conto clásico, pensada para chegar á sensibilidade do público infantil e familiar do século XXI. Unha proposta de teatro visual, de monicreques e obxectos, que procura reflexionar sobre os dereitos fundamentais da infancia.
Un barco de pesca en alta mar, unha tormenta e un rescate, unha nena e un gato… a trama intemporal dun conto pódenos axudar a pasar a noite e chegar felizmente a porto.
El Callejón del Gato Producciones é unha das compañías máis consolidadas do panorama teatral asturiano e unha referencia en creacións para a infancia e a mocidade, con proxección nacional e internacional.
Desde a súa fundación en 2007, concretou un proxecto sólido de investigación e creación escénica contando cun equipo amplo de colaboradores en dirección, autoría textual e musical, deseño, creación multidisciplinar e pedagoxía teatral.
Premios e recoñecementos:
2025: Premio Oh! ao Mellor Espectáculo para a Infancia.
2022: Premio Festival Territorio Violeta, Artes Escénicas e Igualdade.
2021: Premio FETEN á Mellor Adaptación Escénica.
2020: XV Premio Jovellanos á Produción Escénica.
2017: Premio Impulsa á Mellor Industria Creativa e Cultural.
Tipo: Teatro e títeres
Público: Infantil e familiar
Duración: 42’
Idioma: Castelán
Estrea: 3 de decembro de 2023. Teatro de La Laboral, Xixón – Principado de Asturias
Contacto:
Ana Eva Guerra – Tel.: 655 512 117
Moisés González – Tel.: 658 563 981
R/ Eulalia Álvarez, 14 – Baixo 33209 Xixón Principado de Asturias