O profesor xubilado, esquerdista, polémico, axitador e moi prestixioso,
ten un cancro terminal, pero xurdiu a posibilidade de
curación: pode recibir tratamento cun dos equipamentos de
radioterapia que un coñecido multimillonario doou ao sistema
público de saúde. Agora el debe decidir se ser fiel aos seus
principios e inmolarse, ou baixar os pantalóns e bicarlle o cu
ao filántropo.
Hoxe tomou unha decisión. Cando está preparando a súa
alocución, un descoñecido, un antigo alumno co que ten contas
pendentes, irrompe no seu despacho.
Tartean Teatro aposta pola creación orixinal. É dicir, na compañía
creamos, producimos e distribuímos espectáculos propios.
Todas as nosas obras son orixinais e creámolas en grupo, desde
o xerme inicial ata o final sobre o escenario.
É un teatro contemporáneo que fala das preocupacións do noso
tempo, baseado no teatro aristotélico (a palabra e a trama),
empregando as novas formas e utilidades que ofrece o teatro postdramático,
en cada momento e segundo o requira a proposta.
Este tipo de teatro emprega rexistros de comedia e traxedia, e
moitas veces combinamos ambos nunha mesma peza: drama
con burbullas de comedia ou comedia con toques de drama.
https://vimeo.com/1023897799