
Catálogo de espectáculos recomendados 2024
- Descargar 24
- Tamaño 19 MB
- Reconto de arquivos 1
- Data de creación 29 de Abril de 2024
- Última actualización 7 de Maio de 2024
En 2024, 6ª edición do proxecto, realizamos por segunda vez este Catálogo de Espectáculos Recomendados Camiño Escena Norte, unha publicación que agardamos sexa de tanta utilidade como interese para o sector, e que supoña un selo de calidade para os espectáculos aquí debullados, que representan un abano amplo e diverso de algo da mellor produción escénica de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra.
Os espectáculos que conforman esta publicación foron seleccionados por 5 comisións independentes de axentes profesionais do sector, unha en cada unha destas Comunidades, alleas á organización de Camiño Escena Norte e que traballaron sobre as case 200 propostas presentadas a esta edición do proxecto para xirar no noso Itinerario Constelacións, a rede de exhibición escénica profesional baseada no intercambio entre os 5 territorios que conforman este territorio cultural común creado alá por 2019.
Descargar