O título da obra fai referencia á frecuencia dun son estraño rexistrado nos últimos 35 anos en distintos lugares do Pacífico, similar ao canto dunha balea azul. Pero as baleas azuis comunícanse en frecuencias que van dos 10 aos 39 hercios, polo que a voz desta balea estraña e solitaria, vibrando a ‘52 hercios’, queda fóra do limiar auditivo da especie. Ningunha outra balea puido escoitar a súa chamada nunca.
Suponse que a balea dos 52 hercios, ou Whalien 52, pode ser xorda de nacemento e que por iso nunca aprendeu a emitir o canto na frecuencia correcta. A obra utiliza a metáfora desa balea solitaria, convertida nun símbolo do illamento social, para ganduxar unha mirada poliédrica sobre persoas que están a sufrir ou padeceron momentos de soidade non desexada.
O eco dese son traspasa o texto e a posta en escena, nun ton non realista, cheo de imaxes poéticas e coreográficas.
Ados Teatroa foi creada en 1994 coa ilusión de contar historias e levantar espectáculos que nos divertisen, nos emocionasen e nos interesasen, pensando que ese era o xeito de interesar, divertir e emocionar a xente.
Tipo: Teatro
Público: Todos os públicos
Duración: 75’
Idioma: Castelán – Euskera
Estrea: 3 de outubro de 2025. Teatro Principal, Donostia (Guipúscoa) – Euskadi