Debe un home esquecer o aprendido para atopar o seu eu máis auténtico? Pódese loitar contra un mesmo?
Un home só en escena recolle datos do público e incorpora esas biografías á del para reconstruír un pasado que pode ser o de moitos. A través de recordos que se mesturan con ficción, o actor desmonta os mitos do “macho alfa” fronte ás realidades do amor, o desexo, a paternidade ou a perda do pai.
Algúns momentos atravesan o espectador; outros provocan riso por verse reflectido. A obra interpela sobre o que significa ser un home hoxe e lévanos a un territorio de amizade, lealdade e vulnerabilidade compartida. En definitiva, trátase dunha posta en valor das cualidades que nos fan ser máis homes e menos lobos.
Trueba & Trueba Producciones arranca a súa andaina escénica en 2022 co foco posto no desenvolvemento de proxectos con impacto social.
As pezas da compañía caracterízanse pola participación activa do espectador, a ruptura da cuarta parede e unha exploración constante de temas contemporáneos desde unha mirada próxima e comprometida.
O seu traballo sitúase na intersección entre creación artística, participación cidadá e reflexión social, co obxectivo de xerar experiencias escénicas vivas, accesibles e conectadas co presente.
Tipo: Teatro
Público: Adulto e adolescente
Duración: 60’
Idioma: Castelán
Estrea: 12 de febreiro de 2026. Palacio de Festivais de Cantabria, Santander – Cantabria
Contacto:
Tel.: 646 836 244
R/ Valliciergo, 13 – 1° A. 39003 Santander – Cantabria