Para as/os máis pequenas/os, probablemente sexa un obxecto exótico, descoñecido. Un estraño que hipnotiza cando lle prestas atención.
Con nostalxia e sorriso cómplice, vémolo moitas/os das/os maiores. Houbo xeracións, do branco e negro á cor, para as que o diábolo foi un xoguete habitual. O recordo bonito dunha infancia na que tampouco faltaron a pelota, a buxaina, as bólas ou as chapas.
Os malabaristas Gorka e Imanol precisan xirar para estaren estables. Coma os diábolos. Con eles descubriron o circo, un dos eixos que lles dá sentido ás súas vidas. ‘Ardatzak’ é máis que un espectáculo. É, sobre todo, unha homenaxe repleta de verdade e poesía.
En Zirkozaurre gústanos crear e por iso contamos con compañía propia. É o froito da apetencia… e dos procesos de investigación e perfeccionamento de técnica e represen- tación que desenvolvemos no noso espazo.
Zirkozaurre xurdiu en 2011 como unha aposta pola profesionalización do sector do circo e as nosas primeiras producións viron a luz en 2014.
Nos últimos dous anos, estreamos os espectáculos ‘Kobr3’ (2020), ‘Harreman’ (2023) e ‘Ardatzak / Ejes’ (2025), con xiras longas e recoñecementos.
Tipo: Circo
Público: Todos os públicos
Duración: 50’
Idioma: Castelán – Euskera
Estrea: 15 de maio de 2025. Umore Azoka, Lejona (Biscaia) – Euskadi
Contacto:
Raúl García
Tel.: 640 636 929
Ribera de Deusto, 70 B. 48014 Bilbao (Biscaia) – Euskadi