A nena Wendy deixa a casa e marcha, voando con Peter Pan e Campaíña, ao país de Nunca máis, unha illa máxica, cos nenos perdidos, as fadas e as sereas, para vivir aventuras fantásticas na compaña dos indios, pelexando cos piratas e o seu capitán, Garfo. Finalmente, Wendy regresa á casa cos nenos perdidos.
Peter Pan ha volver, pasados os anos, ao chegar a festa de primavera e, se non se esquece, ha levar a filla de Wendy ao país de Nunca máis.
Cando a nena medre, ha ter unha filla que á súa vez irá ao país de Nunca máis.
E así ha suceder sempre, mentres os nenos sigan sendo alegres, inocentes e crueis.
El Perro Azul é un proxecto de artes escénicas creado e dirixido por Fernando Moreno. Nace desde unha mirada artística privada e arriscada, coa intención de crear espectáculos capaces de emocionar o público de calquera idade. Máis alá do mero entretemento, o traballo da compañía procura que o espectador participe dun encontro evocador sobre o escenario. Un espazo común onde habitar as nosas preguntas e soños. Creamos a través da linguaxe xestual, onde o corpo do actor fala, mentres as súas palabras poden voar.
El Perro Azul participou en importantes feiras e festivais nacionais: FETEN (Xixón), MADferia (Madrid), Teatralia (Madrid), Umore Azoka Leioa, Mostra Igualada, FIET (Illas Baleares), o Circuíto ASSITEJ ou o Programa PLATEA, entre outros.
Tipo: Teatro e títeres
Público: Todos os públicos
Duración: 55’
Idioma: Castelán
Estrea: 19 de xaneiro de 2018. MADferia, Matadero Madrid Madrid
Contacto:
Fernando Moreno
Tel.: 666 244 722
R/ Duquesa da Vitoria, 8 – 6° A 26003 Logroño – A Rioxa