Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Quitamiedos

13 Setembro, 2020, 6:00 p.m. - 7:20 p.m.

Gratis

Quitamiedos expón que desde que unha persoa morre ata que o seu corpo arrefría e se funde coa temperatura ambiente, está a producirse un encontro: o do falecido co seu anxo da garda. A función ten a duración dese encontro, onde o tempo se mide en graos centígrados. Unha curva dunha estrada comarcal, cunha varanda rota despois dun accidente de tráfico, é o contexto para descubrir unha visión singular da morte, poética e desacralizada, e os datos dunha biografía (a do accidentado) cuxas pezas non acaban de encaixar na versión oficial do accidente. Todo isto para confrontar en clave de traxicomedia a dous amantes -un ideal e outro humano- e reflexionar arredor do amor e as súas contradicións.
Esta é a cuarta creación de Kulunka Teatro, compañía que xirou por máis de 30 países recibindo ademais numerosos premios e candidaturas por cada un dos seus diferentes espectáculos e, entre eles, o Premio Ojo Crítico de Teatro que outorga RNE. Con Quitamiedos a compañía aspira a continuar na liña do compromiso co teatro contemporáneo.

Detalles

Fecha:
13 Setembro, 2020
Hora:
6:00 p.m. - 7:20 p.m.
Precio:
Gratis
Categoría Evento:
,

Organizador

Información evento

Cía
Kulunka Teatro
Autoría:
Iñaki Rikarte
Duración:
80'
Tipo
Teatro
Público
Adulto
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Eskena
Entradas
Entrada libre ata completar capacidade, con butacas preasignadas. Aforo reducido adaptado a protocolos COVID19. Previa retirada de convite na billeteira dende dúas horas antes do comezo do espectáculo. Máximo dous convites por persoa.
Web Cía
http://www.proversus.com/compañia-kulunka

Lugar

Salón Teatro
Rúa Nova, 34
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 España
+ Google Map
Vela web do Lugar