Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Olivia y las plumas en Arzúa (A Coruña)

25 Setembro, 2021, 6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Gratis

Espectáculo baseado no libro co mesmo título de Susanna  Isern, ilustrado por Esther  Gili e editado por  Savanna  Books.

Olivia, a protagonista desta historia, vive nunha pequena vila preto do bosque. Olivia ten un segredo e é que posúe un don especial: pode comunicarse cos animais. 

Grazas a este don, un día descobre que o lago está a se secar e que os peixes precisan chegar ao mar. Estes pídenlle que busque plumas para axudalos.

Nese momento, Olivia comeza unha intensa procura para recoller ducias de plumas. Pídellas aos pardais, ás cegoñas viaxeiras, á temible aguia… Pasado un tempo, Olivia consegue moitísimas plumas, pero non sabe que facer con elas. Unha noite, mentres fita o ceo estrelado, o vento leva cada unha das súas plumas para dar vida a unha auténtica maxia: Olivia entenderá o por que de tantas plumas, desencadeando nun final sorprendente.

La Machina Teatro, a compañía

Compañía profesional desde 1991, realizou corenta producións percorreu toda a xeografía española, participando nos máis importantes festivais de teatro, formando parte das programacións de redes e circuítos e realizando xiras por todas as comunidades autónomas. Así mesmo, tivo unha presenza internacional representando os seus espectáculos en festivais de Brasil, Estados Unidos de América, Portugal, Bosnia‐ Herzogovina, Italia e Guinea Ecuatorial, algúns deles da relevancia do FITEI do Porto (Portugal), Festival Internacional de Londrina FÍO (Brasil) ou do Festival Internacional de Teatro Experimental de O Cairo (Exipto).
Tamén ha desenvolve un traballo no campo da pedagoxía, a xestión cultural e a produción técnica e artística.

Detalles

Fecha:
25 Setembro, 2021
Hora:
6:00 p.m. - 7:00 p.m.
Precio:
Gratis
Categoría Evento:
,

Lugar

Capela da Madalena
Calle Cima do Lugar, 2, 15.810 Arzúa, A Coruña
Arzúa, A Coruña 15810
+ Google Map
Vela web do Lugar

Información evento

Cía
La Machina Teatro
Autoría:
Susanna Isern e Esther Gili
Duración:
45
Tipo
Teatro
Público
Infantil / familiar
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Cantabria
Entradas
Entrada libre previa inscrición no teléfono 981500222 ou no correo cultura@concellodearzua.com
Web Cía
http://www.lamachinateatro.com/