Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de contextualización: “Bernarda Alba. A mamá: unha nova mirada sobre Bernarda Alba” en Ribadeo (Lugo)

25 Setembro, 2021, 5:30 p.m. - 7:00 p.m.

Di a compañía: Cando estreamos a nosa versión da Casa de Bernarda Alba, Dolores Manjón, unha das mellores especialistas a nivel estatal en Federico García Lorca, comentounos: “Como se nota a mirada feminina na dirección. Vin moitas Bernardas na miña vida, pero por fin logrei ver a casa, entender as reaccións, comprender ás irmás”.

Por iso encántanos que a nosa directora volva mirar esta obra con outras mulleres, escarbar nos detalles agochados, facelas cómplices do que senten as nosas actrices ao interpretar as súas personaxes, tentar atopar novos segredos deste marabilloso texto.” Neste obradoiro previo ao espectáculo, imparAdo pola directora Anabel Díez, debullaremos esta versión dentro da súa visión e lectura feminista da peza de Lorca, nun encontro que servirá para contextualizar o espectáculo que na mesma tarde se poderá ver sobre o palco do auditorio Hernán Naval. 

Número de prazas: 15. Dirixido a persoas coñecedoras do texto e/ou interesadas na peza de Lorca e na súa posta en escena.

Imparte: Anabel Díez, directora do espectáculo.

Forma de inscrición: Vía correo-e a coordinacion@escenanorte.com indicando título da actividade, nome e apelidos, teléfono e correo-e da persoa interesada.

Detalles

Fecha:
25 Setembro, 2021
Hora:
5:30 p.m. - 7:00 p.m.
Categoría Evento:
, ,

Lugar

Auditorio Municipal Hernán Naval
Rúa Buenos Aires, 14, 27.700 Ribadeo, Lugo
Ribadeo, Lugo 27700
+ Google Map
Vela web do Lugar

Información evento

Cía
Anabel Díez Producciones
Duración:
150
Público
Todos públicos
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Cantabria
Entradas
Vía correo-e a coordinacion@escenanorte.com indicando título da actividade, nome e apelidos, teléfono e correo-e da persoa interesada.
Web Cía
https://www.eltejoproducciones.com