Mr. Bo en Ribadeo (Galicia)
Outubro 20, 5:30 p.m. - 6:25 p.m.
5€O neno que nunca escoitou un NON!
Os tres serventes están afeitos cumprir as ordes de Mr Bo. Levan toda unha vida ao seu servizo, desde que Bo era un neno. Ás veces imaxinan o que podería ser o mundo se eles fosen os amos, o que significa exercer o poder.
Cando o señor Bo era neno os serventes tiveron a oportunidade de dicir NON!, pero non o fixeron. Agora xorde unha nova oportunidade, unha oportunidade para todos.
Marie de Jongh
Marie de Jongh está especializada no teatro xestual para público familiar e todos os públicos. Con máis de 15 premios nacionais e internacionais, as súas obras son de creación propia, un estilo xenuíno baseado na creatividade de Jokin Oregi, autor e director da compañía. Define o seu traballo como “teatro infantil para adultos e teatro adulto para nenos”. Da súa traxectoria destacouse o permanente compromiso coa sociedade, que se reflicte nos temas que a compañía afronta nos espectáculos, nos que a calidade estética desemboca nunha gran beleza e emoción.