Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mimesis en Ames (A Coruña)

7 Outubro, 2022, 6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Mimesis concíbese como un ritual escénico iniciático para a primeira infancia e as súas familias, que constrúe un ecosistema escénico para que sexa habitado e compartido por intérpretes e familias participantes. Do mesmo xeito que as anteriores producións de Zig Zag Danza para a Primeira Infancia, Mimesis é unha proposta que parte da honestidade e o respecto, preservando a capacidade de desenvolvemento creativo dos públicos máis pequenos, unha coidada produción internacional de máis de tres anos realizada entre España e Alemaña.

A compañía: Zigzag Danza

Zig Zag Danza explora, desde o seu nacemento no ano 2000, os territorios que comparten o movemento e a teatralidade, construíndo un universo creativo singular no que a luz, o espazo sonoro e o espazo escénico comparten protagonismo coa linguaxe do corpo. Dirixida pola coreógrafa Estrella García, a compañía conta cunha vintena de producións e coproducións, dirixidas tanto a público infanti como adulto.

Zig Zag Danza é un nome de referencia internacional da danza para a primeira infancia. Desde a súa sede en Xixón, a compañía defende un proxecto innovador e artesanal que aposta pola excelencia artística, colocando no centro da creación aos máis novos espectadores e o seu desenvolvemento cognitivo.

Detalles

Fecha:
7 Outubro, 2022
Hora:
6:00 p.m. - 7:00 p.m.
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Email
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Zigzag Danza
Autoría:
Estrella García, Miguel Quiroga
Duración:
45
Tipo
Danza
Público
Infantil / familiar
Idioma
S/TEXTO
Procedencia Cía
Asturias
Entradas
Retirada de convites en www.abilleteira.concellodeames.gal, máis información no número 662377444 e en cultura@concellodeames.gal
Web Cía
https://www.zigzagdanza.com

Lugar

Auditorio do Milladoiro
Travesía do Porto 15895 Milladoiro, Ames, A Coruña
O Milladoiro, A Coruña 15895
+ Google Map
Vela web do Lugar