Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Los Perros en Xixón (Asturias) + Sendeiros en colaboración con Danza Xixón

13 Outubro, 2023, 8:30 p.m. - 9:20 p.m.

3€

‘Los perros’ propón alcanzar un estado de resistencia; coma cans que deambulan, cans que se atopan, que se recoñecen vulnerables, que comparten alegría, pero tamén dor, que caen e se erguen, que bailan, que se rebelan a través do amor, a xenerosidade e o compromiso, para atopar nese traxecto común o sentido das súas propias vidas, para superar xuntos a violencia e o deterioro.

Unha obra que viaxa desde o transo da repetición á fascina- ción pola sucesión de imaxes. Imaxes roubadas do pasado e lanzadas ao futuro, do agora e enzoufadas do pasado, da plástica contemporánea á forma atávica, terreal, nun cruzamento constante de tempos e de linguaxes.

A exhibición dunha danza pasional que atopa o sentido máis puro na repetición e na catarse: bailar ata a extenuación, ladrar ata o abatemento, vivir ata o desfalecemento. Dous homes abrazados. Dous homes que bailan ata que todo remate e todo volva comezar.

Led Silhouette 

Led Silhouette é unha compañía de danza creada e dirixida por Martxel Rodríguez e Jon López, con sede na vila de Lesaka, Navarra. Paralelamente á actividade como intérpretes na compañía La Veronal, inician en 2016 a súa etapa como creadores codirixindo o colectivo de artistas novos formados en diferentes disciplinas da danza e influenciados pola arte contemporánea.

Investigan sobre novas formas de movemento co obxectivo de ofrecer a súa propia visión da danza contemporánea, construíndo unha plataforma onde traballar e facer de Led Silhouette algo propio.

Detalles

Fecha:
13 Outubro, 2023
Hora:
8:30 p.m. - 9:20 p.m.
Precio:
3€
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Led Silhouette 
Autoría:
Marcos Morau
Duración:
50'
Tipo
Danza
Público
Adulto a partir de 15
Idioma
EUS-CAST
Procedencia Cía
Navarra
Entradas
Venda de entradas a partir do 3 de outubro en http://actividades.gijon.es ou presencialmente de 18.30 a 20.30 h (unicamente para o espectáculo do día)
Web Cía
https://www.ledsilhouette.com

Lugar

Centro de Cultura Antigo Instituto
Calle Jovellanos, 21, 33201 Gijón, Asturias
Gijón, Asturias 33201
+ Google Map
Vela web do Lugar