Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Lear en las catedrales en Melide (A Coruña)

Setembro 30, 8:30 p.m. - 9:30 p.m.

Esta montaxe está atravesada polo poema “Lear en los claus- tros” de José Hierro, que reflicte a decadencia dun rei despoxado de todo e que implora ser amado pola súa filla Cordelia.

A obra avanza armando o crebacabezas dunha memoria que tende a esvaecerse no esquecemento, engadindo capas, unhas feitas de realidade e vivencias da actriz e outras feitas de ficción, a dos personaxes interpretados ao longo da súa carreira, nun delicado equilibrio entre o real e o imaxinario, mostrando ao público as reviravoltas ocultas do teatro, os trucos dun oficio vivido en corpo e alma.

Todos finxen neste drama que resulta un simulacro da vida. Finxe a actriz María Vidal; finxe Lear, o personaxe; finxe Hierro, o poeta, e tamén Pati Domenech, o dramaturgo e director. Como di Hierro, “Despois de todo, todo foi nada (…) se máis nada será, despois de todo, despois de tanto todo para nada”.

Ábrego Teatro

Ao longo da súa traxectoria, os parámetros que Ábrego Teatro empregou para definir o seu traballo son totalmente subxectivos, priorizando unha linguaxe de procura escénica e a rendibilidade social e cultural dos proxectos, por enriba da transcendencia mediática ou económica dos mesmos.

Escollemos a diversidade fronte ao concreto, o intercambio de experiencias fronte ás doutrinas únicas, a mestizaxe no teatral e o vital fronte á pureza, a curiosidade polas incidencias do camiño fronte ao inmobilismo, o gusto polo descoñecido, meter o dedo na chaga e airear os trapos ao sol.

Detalles

Fecha:
Setembro 30
Hora:
8:30 p.m. - 9:30 p.m.
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Correo electrónico:
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
Ábrego Teatro
Autoría:
Pati Domenech
Duración:
60'
Tipo
Teatro
Público
Adulto
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Cantabria
Entradas
Entrada libre ata completar cabida
Web Cía
Ir ao sitio

Lugar

Auditorio Centro Sociocultural Mingos de Pita
Calle Galicia, 16-20, 15.800 Melide, A Coruña.
Melide, A Coruña 15800
+ Google Map
Vela web do Lugar

Iniciativa promovida por | Sustatzaileak