Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

La naturaleza del silencio en Santiago de Compostela (A Coruña)

12 Setembro, 2021, 7:00 p.m.

Espectáculo de danza contemporánea para catro intérpretes. O silencio posúe moitas calidades. Existe o silencio entre dous ruídos, o silencio entre dúas notas musicais e o silencio que se expande no intervalo entre dous pensamentos. Existe, tamén, un silencio peculiar, sosegado, penetrante, que emana dun atardecer no campo; está o silencio por medio do cal se oe o  ladro dun can que chega dende a distancia, ou o asubío dun tren; existe o silencio dunha casa cando todo o mundo dorme, e a súa peculiar intensidade cando alguén esperta a medianoite.

Está o silencio dunha vella casa deserta, o silencio da montaña e o silencio que comparten dous seres humanos cando ambos viron o mesmo, sentiron o mesmo e actuaron.

Babirusa Danza, a compañía

A compañía entende o feito escénico como un artefacto complexo onde todas as partes son fundamentais. Nos seus traballos fúndense a danza contemporánea, o cinematográfico, o poético e a beleza, estando presente nas súas coreografías unha sicalidad chea de matices. A forza emotiva das súas composicións traslada ao espectador para ser parte da obra, facéndolle partícipe e traballando a empatía como motor da comunicación. As súas fontes de inspiración son o humano, o animal, a existencia e a transcendencia.
Trás máis dunha década como compañía residente en Madrid actualmente trasladáronse a Santander, a súa cidade natal, co obxectivo de activar a periferia a través da danza.
Interesados na creación de novos públicos utilizan a apertura dos seus procesos creativos para conseguir un maior calado na sociedade, xerando un diálogo entre a cidadanía e os artistas.

Detalles

Fecha:
12 Setembro, 2021
Hora:
7:00 p.m.
Categoría Evento:
,

Lugar

Praza San Martiño Pinario
Praza da Inmaculada, 5
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 Spain
+ Google Map
Vela web do Lugar

Información evento

Cía
Babirusa Danza
Duración:
50
Tipo
Danza
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Cantabria
Entradas
Entrada libre ata completar capacidade do espazo.
Local alternativo (clima adverso):
https://goo.gl/maps/ngRnmrWBmQtc1nLQA
Web Cía
https://babirusadanza.com