Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Habitación Peregrina PRO

14 Setembro, 2021, 4:00 p.m. - 16 Setembro, 2021, 4:00 p.m.

20€ – 180€

Entre o 14 e o 16 de setembro no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo terá lugar a segunda edición de HABITACIÓN PEREGRINA PRO, encontro profesional de artes escénicas de Camiño Escena Norte.

Centrado en conectar aos diferentes axentes do sector nas 4 CCAA participantes no proxecto esta iniciativa ten o formato dun encontro profesional cuns focos de interese moi claros: o encontro e sinerxias entre compañías e creadores e creadoras, a reflexión e formación arredor dalgúns dos retos que afronta o sector escénico post-pandemia e as posibilidades de promoción, visibilización e distribución das compañías nos distintos territorios de Camiño Escena Norte.

A proposta

Habitación Peregrina PRO é unha proposta que xorde dentro do proxecto Camiño Escena Norte, concretamente dentro da súa programación expandida Camiño Expandido. Recolle o título do programa de residencias de creación baseadas no intercambio entre CCAA que implementamos na 1ª edición (2019), durante a que identificamos de maneira palpable que non existe un coñecemento en profundidade nin unha relación estable de sinerxias entre as compañías e axentes profesionais do sector das artes escénicas que operan nos 4 territorios implicados neste proxecto: Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

O obxectivo principal de camiño Escena Norte é o de crear un novo corredor cultural articulado por medio deste novo territorio compartido, que sirva tamén para o coñecemento mutuo por medio da produción cultural de cada CCAA no campo das artes escénicas.

Así, ademais de poñer en contacto ao público con espectáculos e actividades paralelas aos que doutra maneira non accederían, Camiño Escena Norte pretende de igual maneira desbordar o marco da súa propia programación, posibilitando a interrelación entre territorios e as sinerxias profesionais entre compañías de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

Habitación Peregrina PRO pretende ser un espazo de convivencia profesional onde o centenar de compañías que abarcan as asociacións promotoras (Escena Galega, EscenAsturias, Acepae e Eskena), máis todas aquelas de o sector que queiran unirse á actividade, poidan entrar en contacto, coñecer as súas liñas de traballo e propostas estéticas, coñecer a realidade dos distintos circuítos de programación, explorar vías de coprodución e traballo conxunto e acceder a propostas de formación que sexan de interese para o seu desenvolvemento profesional.

Así mesmo, o encontro pretende ser un foco de reflexión e coñecemento sobre a realidade do sector nas circunstancias actuais, cunha 2ª edición do encontro que organizamos grazas á gran acollida e os resultados da proposta no ano 2020.

Pode revisarse toda a información aquí.

Detalles

Comienza:
14 Setembro, 2021, 4:00 p.m.
Finaliza:
16 Setembro, 2021, 4:00 p.m.
Precio:
20€ – 180€
Categoría Evento:
,

Organizador

Información evento

Público
Todos públicos
Entradas
Do luns 9 ao luns 30 de agosto de 2021 ás 14h, a través do formulario correspondente na web de www.escenanorte.com

Lugar

Centro Cultural Vello Carcere
Plaza de la Constitución, s/n – 27.002, Lugo
Lugo, Lugo 27002
+ Google Map
Phone
982 29 71 95
Vela web do Lugar