Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Habitación Peregrina PRO

13 Setembro, 2022 - 15 Setembro, 2022

Gratis – 220€

Entre o 13 e o 15 de setembro no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo terá lugar a 3ª edición de HABITACIÓN PEREGRINA PRO, encontro profesional de artes escénicas de camiño Escena Norte.

Centrado en conectar aos diferentes axentes do sector nas 4 CCAA participantes no proxecto, esta iniciativa ten o formato dun encontro profesional con focos de interese definidos: o encontro e sinerxías entre compañías e creadores e creadoras, a reflexión e formación ao redor dalgúns dos retos que afronta o
sector escénico pospandemia e as posibilidades de promoción, visibilización e distribución das compañías nos distintos territorios de camiño Escena Norte.

Este 2022 o noso encontro refórzase tamén, con máis profesionais da programación asistentes, presentacións específicas sobre as estruturas de apoio e circulación para a danza e modelos de campañas escolares, a asistencia de 5 empresas distribuidoras (unha por Comunidade implicada) e a presenza por vez primeira de axentes profesionais da Comunidade Foral de Navarra.
Información e programa completo aquí.

Detalles

Comienza:
13 Setembro, 2022
Finaliza:
15 Setembro, 2022
Precio:
Gratis – 220€
Categoría Evento:
,

Lugar

Centro Cultural Vello Carcere
Plaza de la Constitución, s/n – 27.002, Lugo
Lugo, Lugo 27002
+ Google Map
Phone
982 29 71 95
Vela web do Lugar

Información evento

Público
Todos os públicos
Entradas
Ata o 30 de agosto de 2022 ás 14.00h, mediante o formulario correspondente na web de www.escenanorte.com