Estes encontros, mediados e acompañados en moitos casos por compañías das propia CCAA que funcionan como “anfitrións/as” do debate e ligazón entre compañía en xira e público, serán unha oportunidade para compartir e charlar sobre o espectáculo que se acaba de ver: o seu discurso, a súa estética e o seu encaixe dentro da traxectoria artística da compañía. Unha forma máis de acompañar o feito escénico cunha experiencia que enriquece, desde a mediación, a experiencia da relación espectador/a e espectáculo.
Encontro posfunción co público asistente e a compañía.
Acompaña: Miguel Meca (Espacio Espiral).