
- Este evento ha pasado.
El secreto de Julio Verne en Santiago de Compostela (A Coruña)
9 Outubro, 2022, 6:30 p.m. - 7:30 p.m.

A véspera de aninovo, Valérie descobre que a casa que sempre foi o seu fogar converterase nun museo, e iso obrígalle a ela e á súa familia para mudarse. Triste e enfadada pola nova, decide agocharse no seu lugar favorito da casa, o gabinete do seu avó, Julio Verne. Esa noite coñecerá alí, a un curioso ourizo paroleiro que lle desvelará o secreto do seu avó, este non foi só un escritor senón un gran aventureiro que viviu todas as historias que conta nos seus libros. O problema é que, nunha desas aventuras, o seu avó enviou un foguete tripulado á lúa que por desgraza quedou orbitando ao redor dela. Valérie decátase por casualidade que esa madrugada un meteorito entrará na órbita lunar e posiblemente leve por diante a nave do seu avó, así que decide axudar ao foguete para aterrar na lúa, e para iso pedirá axuda aos distintos personaxes das novelas de Julio Verne.
A compañía: Fantastique Company
Fantastique Company é unha compañía de teatro contemporáneo que desenvolve novos modelos de narración escénica onde integra tecnoloxía dixital.
Desde a súa fundación en 2017 desenvolveu proxectos nos que a escenografía toma un papel activo na narración, usando imaxe proxectada e videomapping.
O uso desta tecnoloxía achega unha capa de significado á obra, e apoia o labor do actor, dando como resultado novas propostas escénicas.