
- Este evento ha pasado.
Del otro lado en Lugo
2 Outubro, 2022, 6:30 p.m. - 7:30 p.m.

Lembras cando se nos escapaba o balón por enriba do muro e ía parar do outro lado? A aventura comezaba…
Unha mañá, os habitantes desoutro lado, atoparon no seu territorio un estraño balón. Non era como os seus, nin a materia, nin a cor, non tiña marca.
Viña… Do Outro Lado.
Este espectáculo fala de muros, valos, ladrillos e unha ponte. É unha metáfora das fronteiras tanto visibles como invisibles.
A ambos os dous lados dous personaxes búscanse, xogan, necesítanse e comparten idénticas ilusións e os mesmos medos.
E sobre todo teñen un proxecto común : COAS MESMAS PEDRAS DO MURO CONSTRUIRÁN UNHA PONTE
A compañía: Escena Miriñaque
Somos unha empresa cultural líder en Cantabria, adicada á produción e difusión do teatro contemporáneo. A nosa misión inclúe a investigación de novas linguaxes escénicas e a mestizaxe de diferentes vangardas. O noso compromiso coas dinámicas sociais e os respectivos cambios estéticos, fan que a nosa entidade traballe con mentalidade aberta cara as novas tecnoloxías e expresións artísticas. As nosas producións posúen unha liña conceptual e unha linguaxe propia, froito da fusión de diversas disciplinas artísticas.