Cargando Eventos

« Eventos

Coloquio profesional en liña – Deixade que o teatro cure: as artes escénicas como catalizadores de procesos de mellora persoal e social.

Outubro 4, 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

A relación función escénica – público, o teatro como ámbito principal para a creación pero, serve o teatro para algo máis? Neste encontro queremos explorar todas as posibilidades que as artes escénicas en proxectos transversais e expandidos poden achegar desde o punto de vista social, en contextos como o sanitario, o de persoas con outras capacidades ou diversidade funcional, persoas maiores ou poboación en contornas rurais con pouca posibilidade de acceder a actividade cultural.

Participan:

Marta López Mazorra, actriz e directora da compañía Arte en Escena (Cantabria)

Fran García, presidente da asociación Clowntigo (Asturias)

Nuria Sotelo, bailarina e creadora escénica, promotora dos proxectos “A Casa Vella” e “Ser con” (Galicia)

Diego V. Meizoso, coordinador de camiño Escena Norte.

Detalles

Fecha:
Outubro 4
Hora:
8:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría Evento:
, ,

Información evento

Público:
Todos públicos
Idioma:
CAST
Web Cía:
Ir ao sitio