Skip to main content
Cargando Eventos

« Eventos

  • Este evento ha pasado.

Beautiful Stranger en Carballo (A Coruña)

8 Outubro, 2022, 8:30 p.m. - 10:00 p.m.

5€

O 21 de maio de 2019, Ión Iraizoz celebrou o seu corenta aniversario facendo unha festa/performance á que chamou “O último martes antes de cumprir 40”. Nela, o seu pai leu un relato que a súa nai escribira durante o embarazo, e que permanecera oculto ata entón.

En “Beautiful stranger” Ion Iraizoz interprétase a si mesmo para tratar de reconstruír a súa festa de aniversario coa complicidade do público. Mirará ao seu pasado, para situar ao espectador en metade dun cruzamento de camiños entre a realidade e a ficción.

“Beautiful Stranger” é unha peza híbrida, entre a autoficción, a comedia existencial e a linguaxe cinematográfica, que trata sobre como a memoria é invadida constantemente pola imaxinación, e sobre as múltiples identidades que caben na vida dunha persoa.

En “Beautiful Stranger” hai soliloquio con todos e diálogo cun mesmo. Hai vodevil e cinema, hai maxia e realidade. Hai soños imposibles e resultados impredicibles. Hai procura do outro que fomos, ou que poderiamos chegar a ser.

A compañía: La Caja Flotante

La Caja Flotante é un proxecto iniciado por Ión Iraizoz en 2011, centrado na creación contemporánea, as novas dramaturxias e a procura de dispositivos escénicos capaces de darlles vida. Nos últimos anos fómonos achegando a un espazo que está na fronteira entre o teatral e o cinematográfico.

Que tipo de teatro facemos, como e con quen queremos traballar, que é o que nos interesa e como nos interesa contalo, preguntas apaixonantes que nos seguimos facendo en cada proceso e a través das cales seguimos construíndo a nosa identidade como compañía.

Detalles

Fecha:
8 Outubro, 2022
Hora:
8:30 p.m. - 10:00 p.m.
Precio:
5€
Categoría Evento:
,

Organizador

Escena Norte
Email
info@escenanorte.com
Vela web do Organizador

Información evento

Cía
La Caja Flotante
Autoría:
Ion Iraizoz
Duración:
75
Tipo
Teatro
Público
Adulto
Idioma
CAST
Procedencia Cía
Navarra
Entradas
Información sobre compra e recollida de entradas en www.fiot.gal. Prezo: 5 €
Web Cía
https://www.lacajaflotante.com/inicio

Lugar

Salón de actos Pazo da Cultura
Rúa Pan, s/n
Carballo, A Coruña 15100
+ Google Map