- Este evento ha pasado.
Abre el ojo en Mondoñedo (Lugo)
18 Setembro, 2021, 8:00 p.m. - 9:30 p.m.
GratisDon Clemente, após seis anos de amor con Dona Hipólita, está canso e visita a Dona Clara, que pola súa banda goza dos favores de catro homes. Dona Clara acaba de mudar de casa, á que chega Don Clemente para pedirlle explicacións. Pola súa banda, Don Clemente tamén tivo tratos íntimos con outras mulleres. Un e outra, xunto cos seus respectivos amantes, vense envoltos en situacións de enredo hilarantes nas que os celos, as escusas e as inútiles manobras para escapar de tesituras comprometidas, conforman unha comedia elegante e moi divertida.
A66 Producións, a compañía
A66 Producións é unha compañía teatral que leva un ano de vida, pois se inscribe como tal a finais do ano 2019. Con todo, os compoñentes da mesma son todos actores profesionais con moita experiencia escénica e importante formación actoral. Digamos que
A66 Producións naceu das sinerxias de varios actores que nun momento determinado optaron por compartir traxectoria actoral, formando unha compañía e trasladando á mesma un importante rédito escénico inicial. Así pois, non debe deducirse da incipiente actividade de A66 Producións como compañía, o feito de que sexa inexperta nas artes escénicas.