- Este evento ha pasado.
Tal vez soñar
20 Setembro, 2020, 8:00 p.m. - 9:15 p.m.
al vez soñar é unha lúdica exploración do universo feminino shakespeareano a tra- vés de tres das súas obras: Hamlet, Otelo e O mercador de Venecia; unha viaxe que terá tres guías transgresoras e vándalas: as bruxas de Macbeth. O teatro é, quizais, a arte que máis reflicte a sociedade na que vive, unha sociedade que é historicamente machista. Como o era a sociedade na época do teatro isabelino, e como o é o teatro do maior dramaturgo de todos os tempos: William Shakespeare. Basten un par de exemplos: Hamlet, a mellor obra dramática xamais escrita, ten vinte e oito personaxes, dos cales tan só dous son mulleres. E certamente non saen ben paradas nos seus roles: Gertrud, de puro inocente e ignorante, é case parva; e Ofelia, cando o seu mozo a abandona (o príncipe Hamlet) non ten outro recurso que suicidarse…
Entrada libre ata completar capacidade, butacas preasignadas. Aforo reducido adaptado a protocolos COVID19. Previa retirada de convite a través da web www.entradaslugo.es. Máximo dous convites por persoa.