Para evitar a propagación da COVID-19

  • Se non te atopas ben, queda na casa e non asistas a ningunha das actividades organizadas por Camiño Escena Norte.

  • Lembra que é imprescindible o uso de máscaras para acceder a calquera función ou evento da nosa programación.

  • Lava as mans antes de acudir a algunha das nosas actividades. Nos accesos a estas, poñemos á túa disposición dispensadores de xeles hidroalcohólicos/desinfectantes.

  • Mantén a distancia de seguridade co resto de espectadores/as ou participantes. Pola nosa banda, facilitaremos a agrupación de conviventes.

  • Segue as indicacións do noso persoal, especialmente en canto á xestión do aforo autorizado e ao acceso e saída graduados que garantan a distancia entre persoas.

  • Para consultar os programas e información adicional, visita www.escenanorte.com ou escanea os códigos QR reproducidos nos distintos soportes informativos e promocionais.

Como consecuencia da crise pola COVID-19, a programación prevista pode sufrir variacións. Consulta a información actualizada na nosa páxina web. Grazas pola túa comprensión.