Galicia | Constelación Exterior

Praza da Quintana de Santiago de Compostela

Praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
Mapa

“Quintana” é o equivalente de “praza”, e ambas as palabras designaban na terminoloxía medieval aos espazos abertos de uso público. A Quintana foi por excelencia, coutada pola cabeceira da Catedral , o mosteiro fundacional, o cemiterio de cóengos e a primeira casa do concello.

A praza aparece dividida en dous planos. A parte inferior, a Quintana de Mortos, foi lugar de enterramento ata 1780, cando por razóns sanitarias e falta de espazo optouse polo cemiterio de San Domingos de Bonaval, e máis tarde, polo actual camposanto de Boisaca. A parte superior da praza é, por contraposición,