Galicia | Constelación Interior

Auditorio Carmen Estévez de Vilalba

Rúa das Pedreiras, 5, 27800 Vilalba, Lugo
Mapa

É unha obra do arquitecto César Portela, construída no ano 1997. É un edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal.

Conta cun aforo de 504 butacas na sala polivalente (auditorio, teatro, cinema, sala de concertos…), tamén conta cunha sala de exposicións e 4 locais de ensaio para as asociacións culturais da vila.

Leva a cabo programación cultural semanal durante todo o ano.