Baobab Teatro (Galicia) | Infantil e familiar a partir de 4 anos | Castelán, Galego
Andrea Bayer



Luppo é un home maior que vive só e todos os días, ás doce en punto do mediodía, acende o seu gramófono e escoita ópera. Sempre a mesma canción. Ten un amigo, Tulún, un neno que cada mañá lle leva o pan, as especias e o xornal. Luppo cóntalle a Tulún moitas historias da súa vida. Unha mañá Tulún chega coa compra e Luppo non está...

Este é un espectáculo que fala do ciclo da vida, do apego cara ás persoas que nos rodean, en particular cara aos nosos maiores, e da importancia das historias que construímos ao longo da vida.

Baobab Teatro


Somos unha compañía de teatro que aposta polo teatro infantil de calidade.
Traballamos cun compromiso claro coa infancia e por iso cada proxecto é un novo reto que afrontamos con ilusión e moito cariño coidando desde o principio ata o máis mínimo detalle.
Apostamos por espectáculos para emocionar, cargados dunha forte poética e sinxeleza.

Web | Twitter | Facebook

Funcións


03/10/2019 18:30 h.
Capilla del Museo Diocesano de Santillana del Mar (Cantabria)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro co público asistente e a compañía. Debate en familia sobre o espectáculo.

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 16.00 a 18.00h, Casa de Cultura, espacio "El Areto" (Bo Elejalde, 23)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización “Luppo: universo de cartón para nenos/ as e avós/ as”. Actividade de contextualización do espectáculo e a súa temática, cunha segunda parte de actividade creativa con material cartón, seguindo a estética da obra.

05/10/2019 18:30 h.
Teatro Casino Liceo de Santoña (Cantabria)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 16.30 a 18.00, Casa de Cultura de Santoña (Paseo Camilo José Cela, 1)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización “Luppo: universo de cartón para nenos/as e avós/as”. Actividade de contextualización do espectáculo e a súa temática, cunha segunda parte de actividade creativa con material cartón, seguindo a estética da obra.

06/10/2019 18:30 h.
Capilla de los Dolores de Grao (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 16.30 a 18.00h, Casa de la Cultura de Grao (C/Cerro de la Muralla, s/n)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización “Luppo: universo de cartón para nenos/ as e avós/ as”.
Actividade de contextualización do espectáculo e a súa temática, cunha segunda parte de actividade creativa con material cartón, seguindo a estética da obra.