Ábrego Producciones (Cantabria) | Público adulto | Castelán
Pati Domenech



A noiva do vento é o resultado dun proceso creativo apaixonante. Leonora Carrington, última surrealista, viviu unha das experiencias máis intensas e terribles da súa vida nun hospital psiquiátrico da cidade de Santander. En base a esa experiencia escribiu un dos seus relatos máis desoladores e cheos de si mesma.

Nese espazo de tempo é no que se desenvolve a obra, un período cheo de acontecementos extraordinarios marcados polo amor, o surrealismo, a política, a guerra, o feminismo, a represión, o castigo extremo pola súa falta de adaptación ás normas familiares e sociais, o intento de castración artística e existencial e a recuperación da liberdade.

Ábrego Producciones


Ábrego Producciones é unha empresa privada con vocación de servizo publico. Ao longo da súa traxectoria, os parámetros que a compañía utilizou para definir o seu traballo, son totalmente subxectivos, priorizando unha linguaxe de procura escénica e a rendibilidade social e cultural dos seus proxectos, por encima da transcendencia mediática ou económica dos mesmos.

Eliximos a diversidade fronte ao concreto, o intercambio de experiencias fronte ás doutrinas únicas, a mestizaxe no teatral e o vital fronte á pureza, a curiosidade polas incidencias do camiño fronte ao inmobilismo, o gusto polo descoñecido, meter o dedo na chaga e airear os trapos ao sol.

Web | Twitter | Instagram

Funcións


20/09/2019 20:00 h.
Claustro de la Iglesia de Santa María de Deba (Euskadi)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro post función co público asistente, actriz protagonista, director e autor do texto.

06/10/2019 20:00 h.
Capela da Magdalena de Arzúa (Galicia)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro post-función co público asistente, actriz protagonista, director e autor do texto