Escena Miriñaque (Cantabria) | Infantil e familiar a partir de 5 anos | Castelán
Blanca del Barrio



Nin o mar, nin o ceo, nin as montañas, están tal e como sempre estiveran. Nuka e Malik sentían esa mañá que todo estaba a desaparecer, que deberían abandonar a vida que fora ata o de agora a da súa tribo: Os inuits.

Entre os desfeitos que arriban á banquisa, rescatamos a Akku, híbrido personaxe reciclado de materiais inútiles, que nos devolverá a esperanza e a importancia de coidar nosa Terra. Porque hoxe é o día antes de mañá.

Escena Miriñaque


A misión que impulsa a compañía Escena Miriñaque é a creación e divulgación do teatro contemporáneo, a investigación de novas linguaxes escénicas e a mestizaxe de diferentes vangardas, tanto para público familiar, primeira infancia, como público adulto.

Web | Twitter | Facebook | Instagram

Funcións


29/09/2019 18:30 h.
Complejo Cultural As Quintas de La Caridad (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 16.30 a 18.00, Complejo Cultural As Quintas, sala "El pajar" (C/Quintas, 1. A Caridá)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización "Iglú: unha tribo remota, unha casa de xeo, a necesidade de coidar da nosa Terra". Actividade de contextualización do espectáculo e a súa temática, cunha segunda parte de actividade creativa de creación de elementos con materiais reciclados

11/10/2019 18:30 h.
CC Los Canapes de Avilés (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro co público asistente e a compañía. Debate en familia sobre o espectáculo