A Panadaria (Galicia) | Recomendada a partir de 12 anos | Castelán, Galego
A Panadaría e Gena Baamonde



Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

As cómicas da Panadaría presentan unha reconstrucción irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

A Panadaria


A PANADARÍA fundouse no ano 2013. Amasan un teatro de creación propia e, por iso, chámanse así. Entenden o seu oficio como un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cós elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar. Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chámanse A Panadaría. Para alimentar corpo e alma.

Web | Facebook | Instagram

Funcións


22/09/2019 20:00 h.
Teatro La Laboral de Gijón (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 12.30 a 14.00h, Laboral Ciudad de la Cultura

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización "Elisa e Marcela: unha historia de diversidade e bicos en 7 cores". Actividade de contextualización do espectáculo, sobre a historia de amor lésbico que protagoniza a primeira voda homosexual rexistrada en España. Mapeo queer da cidade de Xixón.

27/09/2019 20:00 h.
Teatro Riera de Villaviciosa (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: Actividade de mañá (12.30 a 14.00) para o alumnado de bacharelato do centro de ensino IES Víctor García da Cuncha

"Elisa e Marcela: unha historia de diversidade e bicos en 7 cores". Actividade de contextualización do espectáculo, sobre a historia de amor lésbico que protagoniza a primeira voda homosexual rexistrada en España. Mapeo queer da zona.

(*)Actividade para o alumnado de bacharelato do centro de ensino.

28/09/2019 20:00 h.
Sala Pereda. Palacio de Festivales de Santander (Cantabria)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 12.30 a 14.00h, Sala Griega, Palacio de Festivales (C/Gamazo, s/n)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización “Elisa e Marcela: unha historia de diversidade e bicos de 7 cores”. Actividade de contextualización do espectáculo, sobre a historia de amor lésbico que protagoniza a primeira voda homosexual rexistrada en España. Mapeo queer da cidade de Santander.

29/09/2019 20:00 h.
Castillo-Faro de Santa Ana de Castro Urdiales (Cantabria)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro post función co público asistente e A Panadaría, actrices e creadoras do espectáculo.

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.