Teatro Gorakada (Euskadi) | Infantil/Familiar | Castelán, Euskera
Creación colectiva sobre un texto de Julio Salvatierra



Os deuses gregos moraban na cima do monte Olimpo e gobernaban sobre os seres humanos, influíndo sobre estes con a súa protección ou co seu abandono. Algúns homes ousaron desafiar os seus caprichos e foron vítimas da súa ira, como no caso de Ulises, quen ao ofender a Poseidón deixando cego ao seu fillo Polifemo, este impídelle volver a Ítaca, deixándoo vagar sen rumbo por todo o mar Mediterráneo.

A historia de Ulises é a historia da viaxe como metáfora da vida, da loita contra as dificultades e a forma de resolvelas.

Teatro Gorakada


Teatro Gorakada empezou no ano 1989 traballando para o público infantil, creando os seus espectáculos a partir de contos clásicos. Unha mestura de monicreques e teatro actoral.

Web | Facebook

Funcións


27/09/2019 18:30 h.
Teatro Filarmónica de Oviedo (Asturias)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función

Encontro co público asistente e a compañía. Debate en familia sobre o espectáculo.

05/10/2019 18:30 h.
Auditorio Carmen Estévez de Vilalba (Galicia)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 16.30 a 18.00h, vestíbulo do Auditorio Municipal Carmen Estévez

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización "A viaxe de Ulises: de mares, heroes, deuses e aventuras". Actividade para as familias para introducir a historia de Ulises e os elementos máis característicos da peza de Teatro Gorakada, cunha segunda parte de xogo teatral