Teatro del Cuervo (Asturias) | Recomendada a partir de 12 anos | Castelán
Sergio Gayol



Unha compañía do século XXI trata de manter viva esa chama do teatro que parece non importar a ninguén máis. É desde esta realidade desde onde xorde a idea de volver aos clásicos do Século de Ouro español, coa intención de tender unha ponte de unión entre o público daquela época e o actual, de recuperar a mensaxe esencial que conecta aos seres humanos máis aló de toda época e lugar.

A nosa buxiganga percorrerá o camiño representando o entremés de Cervantes “O retablo das marabillas” sobre un escenario improvisado á maneira do século XVI. Será o público o que asuma o papel do pobo, participando da historia dunha forma activa.

Teatro del Cuervo


Teatro del Cuervo nace en 2008 da man do actor e director Sergio Gayol. O obxectivo desta compañía é a procura dun teatro que conecte co público de calquera idade desde a calidade e o traballo.

| Facebook | Instagram

Funcións


22/09/2019 20:00 h.
Auditorio Hernán Naval de Ribadeo (Galicia)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 18.00 a 19.30h, Teatro de Ribadeo (Rúa San Roque, 2). Obradoiro de contextualización: "Bojiganga, un paseo polo S.XVI ata os nosos días"

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Actividade de introdución ao universo da peza e ao traballo da compañía a partir da estética, o vestiario, a idea orixinal do texto e o proceso de creación.

26/09/2019 20:00 h.
Casa de Cultura Doctor Velasco de Laredo (Cantabria)

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

De 1.000 palabras: De 18.00 a 19.30h, Casa da Cutura Doctor Velasco (C/ López Seña, 10)

(*) Actividades gratuítas. No caso dos talleres previos o aforo será de 30 persoas por orde de chegada. No caso das actividades para público infantil/familiar serán 30 persoas en total (nenos/ as cunha persoa adulta responsable)

Obradoiro de contextualización “Bojiganga, un paseo polo século XVI ata os nosos días”. Actividade de introdución ao universo da obra e ao traballo da compañía, a partir da estética, o vestiario, a idea orixinal do texto e o proceso de creación.

28/09/2019 20:00 h.
Praza da Catedral de Mondoñedo (Galicia)
PLAN B en caso de mal tempo: Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo.

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.


Conexión Escena Norte:

Encontros nas estrelas: Ao remate da función. Encontro post-función co público asistente, elenco da peza e responsable de produción da compañía.

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.